En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Desbordamentos do Sil no Barco e en Vilamartín

Con rúas cortadas debido a auga comezaba a noite do 12 de febreiro no Barco. A subida das augas do río Sil no último tramo do Paseo do Malecón obrigaban a cortar a estrada que dá a acceso á avenida Condesa Fenosa. Tamén subía a auga do río Mariñán nesa zona. Mentres continúa a chover e medra a preocupación.

O Barco pasaba xa o umbral da alerta por desbordamento ao seu paso polo Barco a última hora da tarde. Así ás dez da noite do 12 de febreiro a altura que rexistraba nese punto era de 10,19 metros. Noutra das zonas das que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil rexistra datos os niveis rozaban a esa mesma hora a alerta, ao acadar o caudal unha altura de 4,42 metros, sen embargo ás once da noite xa se entraba no nivel de alerta ao acadar os 4,50 metros. A auga entraba dende algunhas hortas ata as rúas na periferia da vila e na zona da praia de Ouro chegaba ata mesmo ata algunha casa. Nalgúns lugares os veciños colocaban proteccións fronte a auga en diante das naves, casas ou mesmo das hortas.

Outra zona afectada polos desbordamentos era a de Vilamartín. O acceso ao Bañadoiro dende esta localidade estaba cortado debido ao debordamento do río Leira. Un pouco máis alá do Bañadoiro, xunto á ponte colgante, o río Sil tamén se desbordaba cortando a estrada que circunda o seu cauce.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button