En portadaÚltima hora

Descenden a 4 os pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.821, con 1.075 curados e 114 falecementos, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Baixada nas cifras de persoas con coronavirus ingresadas no Hospital Público de Valdeorras. Nesta xornada de 2 de maio este centro barquense rexistra só 4 pacientes ingresados en planta, son cinco menos que onte, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade. No caso do Hospital de Verín os ingresos son tan só dous.

No Hospital Universitario de Ourense son 69 os ingresados en planta e 3 en UCI (estes con prognóstico grave), mentres que o CO.SA.GA. ten un ingreso en planta.

Dos 632 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 553 permanecen a seguemento a domicilio, 76 están ingresados en planta e 3 en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.821, con 1.075 curados e 114 falecementos. (residencias e hospitais). Ademais lévanse realizado 16.044 probas PCRs.

 

Artigos relacionados

Back to top button