CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Descubrindo o belén de Viloira (O Barco), detalle a detalle

Este fermoso nacemento poderá visitarse dende o vindeiro domingo ata pasar Reis nas fins de semana (en horario de 17h. a 19:30h.) na igrexa parroquial

 

A Virxe arroupa ao neno Xesús ante a mirada de San Xosé e mentres os Reis Magos ofrecen os seus preciososs agasallos. Esta é a escena central do belén tradicional de Viloira (O Barco), a partir da cal a mirada pode perderse por bulliciosas rúas cheas de postos dun mercado, entre os panadeiros que se afanan preparando o forno ou o ferreiro coa fragua a pleno rendemento. Poden tamén contemplarse os fermosos palacios que se erguen na parte alta ou ver o labor dos labregos que cultivan a horta, dos pastores que rapan as súas ovellas ou mesmo dun pescador que saca a súa captura do río.

Este nacemento, que poderá visitarse a partir do vindeiro domingo 10 de decembro na igrexa parroquial de Viloira, contén multitude de detalles e escenas recreados con sumo coidado e mimo e apoiándose en numerosas figuras, arredor dun milleiro, algunhas delas articuladas e que lle dan unha viveza moi especial.

 

 

Un ano máis, este fermoso belén é obra do esforzo, traballo e ilusión de tres matrimonios da parroquia de Viloira que, nesta tarde, ultimaban detalles de cara á inminente apertura ao público. Neste Nadal, o nacemento inclúe alomenos 40 novas figuras, algunhas delas articulada, e muda a súa disposición, incorporando tamén novas construción, entre outros elementos.

 

 

O belén poderá visitarse dende o vindeiro domingo 10 de decembro ata pasar o día de Reis, 6 de xaneiro, de venres a domingo en horario de 17h. a 19:30h. Ademais tamén se engalanou a igrexa para as vindeiras datas festivas.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button