CulturaCulturaÚltima hora

Descubrindo os grandes ríos e rochas singulares na ruta da Cubela (Xeoparque Montañas do Courel)

O programa desta actividade, prevista para o 23 de novembro, inclúe unha andaina e diversas visitas guiadas

Meandro da Cubela (Ribas de Sil)./ Foto: A.R.

 

Continúan as actividades do “Outono Xeolóxico” no Xeoparque Mundial Montañas do Coure. A próxima está prevista para o 23 de novembro e ten como título “Grandes ríos e rochas singulares na ruta da Cubela”.

O programa da proposta será o seguinte:

-10:00 h. Saída en bus dende a praza do concello de San Clodio, de cara a Castro de Abaixo.

-10:30 h. Ruta interpretada: 13,3 Km e desnivel positivo de 720 m. Dificultade media.

-18:30 h. Remate da actividade na praza do Concello de San Clodio.

A actividade inclúe: degustación de produtos típicos en Torbeo (Ribas de Sil), visita guiada ao CIRS- Centro de Interpretación do río Sil en Torbeo, tamén unha visita guiada á Igrexa de Torbeo (Románico no Xeoparque Montañas do Courel) e outra interpetrada ao miradoiro de Pena do Ladeiro.

Dende a organización recoméndase que os participantes leven roupa e calzado cómodos, axeitados á actividade e á meteoroloxía. A actividade é de balde pero está limitada a 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

As persoas interesetadas poden anotarse en  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfa4PoC4tE-Qmabb_LhH9KF2pAv4GFMFioSTHgP97UY4n5mGw/viewform

 

Artigos relacionados

Back to top button