ConcellosÚltima hora

Descubrindo os segredos dos cogomelos nas VIII Xornadas Micolóxicas de Parada de Sil

Celebraranse o vindeiro 3 de novembro na Fábrica da Luz a partir das 10h.

 

En pleno outono e tempada de cogomelos a Fábrica da Luz en Parada de Sil acollerá o vindeiro domingo 3 de novembro as súas VIII Xornadas Micolóxicas para “descubrir máis sobre a micoloxía. Ademais de aprender a identificar as especies máis comúns, sairase a buscar cogomelos e xantarase co recollido. Tamén se ensinarán usos alternativos para estes fungos: usos nutracéuticos, fabricación de coiros veganos e tintas ecolóxicas”, adiantan dende a organización.

O programa das xornadas iniciarase ás 10h. precisamente con eses usos alternativos dos cogomelos. Ás 11h. realizarase unha identificación dos cogomelos máis comúns da zona e ás 12:30h. farase unha saída na procura destes froitos do bosque. Entre as 14 h. e as 16h. terá lugar un xantar a base de cogomelos e despois procedarase á clasificación das especies recollidas no monte.

A asistencia a esta xornada é de balde pero o xantar terá un prezo de 15 euros. Para ampliar información ou realizar reservas pode contactarse coa organización en info@fabricadaluz.com ou no teléfono 988 98 49 90.

Esta actividade será organizada pola Fábrica da Luz en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button