ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Desestimada a demanda contra o acordo do pleno de Viana na resultaba elixido como alcalde Abelardo Carballo

O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, tras un pleno./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Abelardo Carballo Alonso, alcalde de Viana do Bolo, vén de informar, a través dun comunicado, de que o Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Ourense, lle notificou a este Concello o 14 de decembro a “sentenza relativa ao recurso presentado polo ex alcalde do BNG, contra o acordo plenario do día 1 de setembro de 2020 no que se debateu e votou a moción de censura e no que o grupo de goberno do BNG perdeu a alcaldía. Dita sentencia desestima a demanda e ademais condea a Secundino Fernández a pagar costas”.

O actual rexedor vianés considera que foi “o rancor e o resentimento o que levou ao señor Fernández a interpoñer un recurso a propósito de que o que se fixo era totalmente legal, como así o avalaron informes, que tiña en o seu poder, de secretaría e deputación. Aínda así, embarcou a os seus compañeiros nun contencioso sen posibilidade de gañar”.

Finalmente, Abelardo Carballo amosa a súa confianza en que “a partir de hoxe, mostre un pouco máis de respecto e se esqueza de chamar ao grupo de goberno de Viana do Bolo, goberno ilegal”.

Artigos relacionados

Back to top button