Partía ás cinco da tarde do domingo dende a rúa Piscinas e remataba fronte ao Concello. Nel participaban seis comparsas
Pitufos, superheroes, personaxes mitolóxicos ou fauna submarina. Diversas e orixinais eran as temáticas escollidas polas comparsas e disfraces que na tarde do domingo 3 de marzo, Domingo de Carnaval, paseaban pola vila nun desfile que saía dende a Rúa Piscinas e, tras dirixirse cara a rúa Real, remataba fronte ao Concello.
En total participaban seis comparsas, superando en conxunto os duascentos participantes no desfile. Ao remate do desfile, o Concello de Quiroga tiña programado un baile de disfraces, amenizado polo dúo Explosión, e unha gran chocolatada para todos os asistentes, na Rúa Real.
Fotos: Torfy.