CulturaCulturaEntroido 2023Última horaVídeos

Desfile de Entroido en Rubiá coa charanga ‘Unión Phenosa’

 

Se onte era Vilamartín de Valdeorras quen celebraba o desfile de Entroido organizado polo Concello, na tarde deste domingo 19 de febreiro tocáballe o turno a Rubiá.

Dende a praza da Baicela ata a praza do Concello, pasando pola rúa principal da vila e tamén pola residencia da Terceira Idade, un total de oito comparsas e moita xente disfrazada, completaban o percorrido acompañados pola charanga ‘Unión Phenosa’.

Entre os participantes, veciños de Rubiá e tamén doutros puntos da bisbarra como A Veiga de Cascallá ou A Rúa.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button