ConcellosEntroido 2024Última horaVilamartín

Desfile de Folións e V Festa das Sopas de Allo, o 3 de febreiro en Vilamartín de Valdeorras

Folión Os Viticultores no desfile do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Entroido 2024 xa está en marcha e a partir de agora, sucederanse as visitas, intercambios, encontros e desfiles de folións por toda a xeografía ourensá.

No caso de Vilamartín de Valdeorras, os Viticulltores celebrarán o seu desfile de folións o vindeiro sábado 3 de febreiro. Partirá ás 17:30 horas, de novo dende A Rodeleira onde terá lugar o pregón, rumbo á praza Xosé Luis Núñez e contará coa asistencia de nove folións convidados: Carracedo, Tameirón, Sobrado, As Maceiras, Chandrexa, A Caniceira, Folión de Petín, Os Arrieiros e O Irrio de Castro Caldelas.

Ao remate do desfile comezará a V Festa das Sopas de Allo, pinchada popular no pavillón municipal con aperitivos, empanada, sopas de allo, chourizos cocidos, lacón asado, bebidas, bica, café, licores. Cunca de barro de agasallo e acompañamento musical de Os Os Charangaiteiros (O Barco). As entradas (excepto folións) están á venda ata o 26 de xaneiro no Claudio (Vilamartín) e no Bar Gasolinera Veigamuíños (O Barco) a 15 euros (menores de 4 anos gratis, sen cadeira).

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button