ConcellosO BarcoÚltima hora

Desfrutando da beleza do ceo nocturno, no Salgueiral do Barco

 

Nenos e maiores sumábanse na noite do 15 de agosto á actividade “Observación astronómica. As Estrelas no Camiño” no Barco. Comezaba ás 21:45h. na Área Recreativa do Salgueiral cunha charla introdutoria dos expertos da Universidade de Santiago de Compostela, con apoio audiovisual.

A partir da cal dábase paso á observación puramente dita, é dicir, os asistente podían contemplar, a través de dous telescopios electrónicos instalados no lugar, o ceo de agosto, con elementos como a chuvia de estrelas, a Lúa, Xúpiter, Saturno, etc, guiados polos mesmos expertos.

 

 

Esta actividade, que tivo unha gran acollida, forma parte do programa “O Teu Xacobeo-As estrelas no Camiño”, no que participan o Xacobeo 20-21, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago e o Concello do Barco de Valdeorras. Días antes da súa celebración xa se esgotaban as 50 prazas ás que se limitaba o aforo. A observación realizábase aplicando as medidas anticovid vixentes. Ademais, cada vez que unha persoa usaba o telescopio, procedíase a desinfectalo.

Esta é o segundo verán consecutivo no que no Barco se desenvolve unha actividade astronómica deste tipo no Salgueiral.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button