OurenseÚltima hora

Despedida das mozas contratadas a través do ‘Programa de primeira experiencia profesional nas administracións públicas’

 

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, participou hoxe no acto de despedida das mozas contratadas a través do ‘Programa de primeira experiencia profesional nas administracións públicas’ que estiveron desenvolvendo a súa actividade ao longo deste ano na subdelegación do Goberno. Emilio González agradeceulles o seu traballo e dedicación e desexoulles sorte e ánimo para continuar coas súas carreiras profesionais. Do mesmo xeito, tamén agradeceu aos seus titores, persoal da Subdelegación, o seu esforzo formativo.

Este plan formativo, financiado a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), serviulles aos rapaces e rapazas para coñecer o funcionamento da administración pública dende os servizos de prensa, pasando pola unidade de violencia de xénero, autorizacións, arquivo e documentación e a unidade da administración territorial.

Artigos relacionados

Back to top button