ConcellosO BarcoÚltima hora

Despréndese parte da cuberta posterior do antigo xulgado do Barco

 

Unha parte da cuberta da zona posterior do antigo edificio que albergaba o xulgado do Barco, situado na rúa doutor Pérez Lista, desprendíase onte. As lousas caían nunha zona que non dá á vía pública, pero si afecta aos accesos a garaxes de edificios colindantes

No lugar, encintado e sinalizado pola Policía Local para manter a seguridade, poden verse no chan restos de lousas caídas. Dende o Concello do Barco o seu alcalde, Alfredo García, indica que se procederá á limpeza da zona o antes posible.

 

Artigos relacionados

Back to top button