DeportesÚltima hora

Destacada actuación dos atletas triveses no galego Sub10 e Sub12, no Barco

 

Un grupo de atletas das Escolas Deportivas de Trives participaban, vestindo a camiseta do Club Adas Cupa do Barco, no campionato galego Sub10 e Sub12 por clubs,  que se celebraba na mañá deste domingo nas pistas barquenses de Calabagueiros.

Dende as escolas trivesas destácase a actuación destes deportistas cos seguintes resultados. En Sub12, o equipo masculino do Adas vencía, contando cos triveses Antón Prieto, Martín Rodríguez e Nicolás Conde. No caso do Sub10 feminino, no que o Adas foi tamén campión galego, estaban as trivesas Daina González e Bianca Dorta. E xa no Sub10 masculino, cun terceiro posto para o club valdeorrés, entre os atletas deste conxunto estaba Ángel Enrique Rincón.

Fotos: Escolas Deportivas de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button