En portadaÚltima hora

Detéctase un brote de Covid no Barco con catro positivos, dous deles nenos

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de detectarse un novo brote de coronavirus en Valdeorras. Desta volta no Barco. “O pasado martes 18 de agosto detectáronse dous novos casos positivos de Covid-19 no concello de O Barco correspondentes a un home de 45 anos e a unha muller de 40 anos de idade, dunha mesma unidade familiar, que presentaban unha sintomatoloxía leve”, segundo indica Sanidade.

Dende o momento do diagnóstico estas dúas persoas están en situación de illamento no seu domicilio, a seguimento polos profesionais sanitarios do seu Centro de Saúde e  monitorizados e a teleseguimento para o control da permanente da evolución dos seus síntomas.

O labor de rastrexo e de seguimento dos seus contactos máis estreitos, realizado polo centro de detección de contactos, deu lugar á posterior detección doutros dous novos casos, tamén da súa unidade familiar. “O resultado positivo foi confirmado hoxe mediante a proba diagnóstica da PCR en dous nenos que se atopan na actualidade sen síntomas da enfermidade e en situación de illamento domiciliario”, confirma Sanidade.

Ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade segue a traballar co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación.

Artigos relacionados

Back to top button