A RúaConcellosÚltima hora

Detido un veciño da Rúa como presunto autor dun delito de lesións a un veciño de Petín

 

Na xornada do luns 27 de maio a Garda Civil da Rúa detiña a un veciño da Rúa de 37 anos como “presunto autor dun delito de lesións”, tras ser denunciado por un veciño de Petín tamén de 37 anos, “por lesións na cabeza, polas que necesitou puntos de sutura”.

Tal como informan dende a Garda Civil, o detido “agrediu á vítima o día 5 de maio nun bar da Rúa”. O detido pasou a disposición do Xulgado do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button