
Na explotación da segunda fase da ‘Operacion Stepasou’ iniciada en setembro de 2024 tras ter coñecemento de varios roubos en Castrelo de miño, o 23 de outubro a Garda Civil de Ourense detivo a un veciño de Ourense de 47 anos como presunto autor de tres roubos ocorridos na Bouza (Castrelo de Miño) “na mesma vivenda na que tras forzar a porta de entrada accede ao interior e apodérase de xoias, moedas de coleccionismo, 24 lenzos, obxectos e 14.000 euros en efectivo”.
O Equipo Roca procedía á detención do autor e “tras realizar un rexistro domiciliario incáutase de varios obxectos que figuraban como subtraídos”, explican dende a Garda Civil.



