DeportesÚltima hora

Dez medallas e novo récord para o Adas Natación no Campionato galego máster de inverno

O club valdeorrés acudía con sete nadadores a esta cita autonómica que se desenvolvía na fin de semana do 13 e 14 de xaneiro
Nadadores do Adas Natación do Barco no galego de inverno máster./ Foto cedida.

Cuns excelentes resultados individuais regresaba o Adas Natación do Barco do Campionato galego máster de inverno que se desputaba na fin de semana do 13 e 14 de xaneiro. O club valdeorrés acudía con sete participantes que colleitaban un total de dez medallas (cinco ouros, dúas pratas e tres bronces) e un novo récord galego.

Así Manuela Rodríguez Oliveira lograba o ouro en 50 mariposa e récord galego +40 (35.30), Francisco Rodríguez Basanta era tamén ouro pero nos 400 estilos, Beatriz González Ríos ouro nos 100 braza e nos 200 mariposa e prata nos 50 braza, Fernando Rebanal Alfaya ouro en 50 espalda e 50 braza, Jorge Espinosa Mira acadaba o bronce en 50 espalda e 50 braza e Mara Vidal Bello prata nos 200 mariposa.

“Os resultados individuais foron moi bos, estamos francamente contentos a verdade. Tanto Beatriz González como Francisco Rodríguez conseguiron escalar da prata ao ouro en 100 braza e 400 estilos, Fernando Rebanal mantivo o seu ouro do 50 espalda e tanto Bea como Manuela, presentándose por primeira vez ás probas de mariposa neste galego de inverno fixéronse co ouro e, no caso de Manuela, batendo incluso o récord anterior de 35,70 en posesión de Laura Crespo do Club Natación Portomiñán. Así como Mara, que no seu primeiro 200 mariposa quedou segunda”, destacan dende o Adas Natación.

Artigos relacionados

Back to top button