Fiel á cita, na mañá deste 7 de agosto celébrase na Rúa a tradicional feira en Fontei, á que coma sempre acudiron postos de alimentos, artesanía, moda, complementos e zapatería. Tal como levan facendo dende que comezou a pandemia axentes da Policía Local e membros de Protección Civil velan pola seguridade dos veciños e o cumprimento da distancia social e as medidas sanitarias. Tamén se mantén o sentido único na circulación para evitar aglomeracións, subindo pola rúa Telesforo Ojea e baixando pola Padre Feijóo.
Esta feira coincide coa fin de semana das Festas de Verán, que este ano manteñen o formato do ano pasado causa da crise sanitaria. Na xornada de hoxe amenizando tamén a feira, a charanga Louband percorrerán a vila.
Fotos: Mónica G. Bellver