Continúa a celebración da antiga Festa de Reis da Mezquita, que se iniciaba o 4 de xaneiro coa elaboración por parte das mulleres fermosos dos ramos propios desta tradición, que está presidida por un Rei (nesta ocasió Robin) e un Virrei (Carlos), así como por unha Raíña (Tamara) e unha Virraíña (Ricarda). Despois, á noitiña homes e mulleres saían a cantar os Reis casa por casa da vila. E logo tiña lugar o primeiro dos banquetes propios desta festa (xantares e ceas durante os días que dure a celebración), nos que se xuntan por unha banda os homes na Casa dos Reis e, pola outra, as mulleres, noutro local.
Ao día seguinte 5 de xaneiro, tiña lugar a recollida de aguinaldos nunha nova ronda pola localidade. E xa neste venres 6 de xaneiro tiña lugar o “Día dos Invitados”, no que é costume que a veciñanza convide a persoas de fóra da localidade á misa das 12h. na igrexa parroquial e despois a participar do xantar. Tampouco faltaba a música e o baile (pola noite) coa charanga O Bertolini de Manzaneda.

Xa o 7 de xaneiro será o “Día da Parranda”, cun novo percorrido pola vila a partir das 16h.. Despois haberá ruta e baile polos bares, e tras a cea, ás 00h. baile na Casa dos Reis coa charanga Os Caliqueños.
Fotos: Carlos G. Hervella.
