DeportesTenisÚltima hora

Diego Blanco, campión absoluto do XXIII Torneo de Tenis das Festas da Rúa

 

Un dos clásicos das Festas de Verán da Rúa é o torneo de tenis que neste 2023 celebraba a XXIII edición nas pistas do Aguillón, organizado polo Concello en colaboración co C.T. Rúa.

Logo de varios días de competición nas diferentes categorías, na fin de semana disputábanse as finais. Pedro Merino derrotaba a Claudia Gil por 8-3 proclamándose campión de iniciación mixto; Daniela Yáñez vencía a Daniel Daga por 9-3 converténdose na campioa de perfeccionamento mixto; Julio López vencía a Eumenio Puerto por 6-0/6-0 sendo o campión veterano; e Diego Blanco derrotaba na final a Miguel Blanco por 6-1/6-1 proclamándose campión absoluto do torneo.

As medallas e trofeos eran eran entregadas polo concelleiro do equipo de Goberno da Rúa, Avelino Fernández Seco.

Fotos: C.T. Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button