Con moi bo sabor de boca volvía Diego Teixeira (Rúa Motor Valdeorras) da Morcegos Extreme, carreira de enduro extremo do campinato nacional portugués celebrada a pasada fin de semana.
O barquense era un dos 125 pilotos que participaban en diferentes categorías, comezando a proba cun prólogo para coñecer a orde de saída, na que se situaba na 4º praza scrach.
En torno ás 16 horas comezaba a carreira extrema polos monte de Gondomar e arredores de Oporto que se lle daba especialmente ben ao piloto valdeorrés liderando a clasificación na súa categoría (Hobby), cunha vantaxe de 16 minutos con respecto ao segundo. A segunda parte da proba, xa pola noite, comezaba ás 21 horas sobre o mesmo percorrido pola montaña, ratificando o primeiro posto para o piloto do club valdeorrés.
A seguinte cita que correrá Diego será xa de enduro convencional (categoría pro) na proba da liga galega que se celebrará en Abegondo.
Fotos cedidas.