Os responsables do equipo absoluto de remo de Bielorrusia, que participará nas Olimpiadas de Brasil, visitaban na mañá do 30 de marzo as instalacións de Oca Nova Manzaneda.
O director do equipo, acompañado polos seus asesores valoraron “moi positivamente as condicións da estación, tanto de aloxamento como de hostalaría para realizar stages de pretempada que xa veñen realizando na nosa provincia”, explican dende Oca Nova Manzaneda, sendo as instalacións deportivas como o pavillón, o ximnasio, piscina cuberta ou a sauna, a unha altitude de 1.500 metros, o aspecto máis valorado.
Trala visita, que tiña lugar da Deputación de Ourense e o Inorde, “acordouse un compromiso para continuar as conversacións e planificar posibles acordos”, din dende Manzaneda.