CulturaCulturaEntroido 2022Última horaVídeos

Disfraces, xogos e chocolate con biscoitos no Entroido infantil de Petín

 

Cun gran éxito de participación se desenvolvía o Entroido infantil organizado polo Concello de Petín, unha actividade que na tarde deste luns 28 de febreiro reunía a preto de 60 cativos no patio da Casa da Cultura.

Alí, acompañados nalgúns casos polos pais, os pequenos pasaron unha entretida tarde amenizada por Pinchacarneira, na que non faltou a música, os xogos, a merenda e por suposto os disfraces.

 

 

Había moita princesa e tamén súper heroes, algunha bruxa e mesmo pequenos gusaniños,… todos perfectamente maquillados, que non dubidaron en participar nos xogos propostos polas monitoras ata que chegaba á hora da merenda: un rico chocolate con biscoitos servidos pola propia alcaldesa, Raquel Bautista, e as colaboradoras.

Sen dúbida unha festa moi ben acollida tanto polos pequenos como polos pais.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button