En portadaÚltima hora

Dispáranse os casos activos de Covid no Barco con 139 positivos, 27 máis que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúan á alza as cifras de casos activos de Covid no Barco de Valdeorras. Segundo os últimos datos feitos públicos neste venres 16 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 139os positivos de coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 27 máis que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días sitúase entre >500, segundo a Consellería de Sanidade.

Nesta xornada tampouco se rexistran ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras, pero no de Ourense hai 18 persoas ingresadas, tres delas na UCI. Tal como explican dende o Sergas, dos  ingresados en planta o 23% ten entre 30-39 anos. “O mesmo tramo de idade de 2 dos 3 ingresados en UCI”, puntualizan destacando a importancia de asistir aos cribados.

Con respecto ao conxunto da provincia, hoxe rexístranse 207 novos casos. En total, Ourense ten 870, O Barco 139, Barbadás 88, O Carballiño 81, Ribadavia 36, O Pereiro de Aguiar 36, Allariz 35, Xinzo de Limia 26, Avión 23, San Cibrao das Viñas 22, Celanova 19, Maceda 14, Verín 12, Toén 12 e Amoeiro 10. O resto rexistra menos de 10, habendo 22 concellos sen casos.

Fonte: Consellería de Sanidade.

A provincia rexistra un total de 1.617 casos activos de Covid (datos ás 18h. do 15 de xullo), dos cales o 46.2% mulleres e o 53.8% homes, o 64.4% son menores de 30 anos e o 82.1% menores de 40 anos, segundo a Consellería de Sanidade.

Distribución por tramos de idade

0-15 anos 7,7%
16-29 anos 56,8%
30-39 anos 17.6%
40-59 anos 12.2%
> 60 anos 5.8%

Artigos relacionados

Back to top button