ConcellosÚltima hora

Disvalia organiza unha xornada de convivencia nas Médulas para este sábado

Vista parcial das Médulas.

O colectivo de persoas con dicapacidade de Valdeorras asociadas Disvalia, organiza para este sábado 27 de maio, unha xornada de convivencia nas Médulas, a maior explotación aurífera a ceo aberto de todo o Imperio Romano.

Tal como explican dende a asociación valdeorresa, a actividade na que se xuntarán unhas 70 persoas, inclúe visita á aula arqueolóxica; subida ao mirador de Orellán; xantar de convivencia; karaoke na beira do Sil (Malecón); e un paseo turístico.

 

Artigos relacionados

Back to top button