ConcellosO BarcoÚltima hora

Disvalia recibe unha aportación de 2.200 euros para o seu proxecto de fisioterapia e pilates

La Caixa concede cada ano a través da súa Obra Social, unha axuda ao colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas

 

Un ano máis o colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas, Disvalia, recibe unha aportación económica da Obra Social La Caixa. Nesta ocasión trátase de 2.200 euros para subvencionar o proxecto de fisitoterapia e pilates.

O convenio de colaboración entre a asociación e a entidade financieira facíase público no mediodía deste 3 de decembro na propia sucursal bancaria, no Barco de Valdeorras, nun acto ao que asistían, xunto a outros membros, a presidenta de Disvalia, Begoña Dacal; o alcalde do Barco Alfredo García; e dous representantes de Caixabank, David de la Calle e Mariano García.

Ademais do proxecto de fisioterapia, na xornada en que se celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Disvalia pechaba outro proxecto de axudas técnicas cun importe total de 8.000 euros de donacións do ano pasado de Caixabank e o Concello do Barco, que este ano doarán aos seus socios para axudalos a mercar o material que necesiten (cadeiras de rodas, camas, grúas,…).

No acto, a presidenta do colectivo Begoña Dacal, asegurou estar triste porque por culpa da pandemia non puideron facer o mercadiño floral, nin as viaxes que tanto lles gostan. “Pero bueno, confiamos en que esto pasará e poderemos seguir cos nosos proxectos e actividades. En principio estaremos no Mercadiño de Nadal que organiza o Concello do Barco e seguimos indo a pilates e a fisioterapia. Tamén temos un curso de barro, o único que temos actualmente en marcha”, asegura desexando a todos un Bo Nadal.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button