ConcellosO BarcoÚltima hora

Disvalia sae á rúa para celebrar o Día Intenacional da Discapacidade

 

Como cada 3 de decembrom, na mañá deste sábado Disvalia sae á rúa para celebrar o Día Mundial da Discapacidade. Así, dende as dez e ata as 13 hora aproximadamente, membros da directiva da Asociación de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas, con Begoña Dacal á fronte, teñen unha mesa na praza do Concello do Barco de Valdeorras, con artigos navideños á venda.

Flores e plantas especialmente preparadas para estas datas e tamén Lotería é o que se pode mercar para colaborar co colectivo cuxo obxectivo é conseguir a plena inclusion das persoas con discapacidade en todo os ambitos da sociedade a traves da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicacion do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button