CulturaCulturaEducaciónEntroido 2023Última hora

Divertida tarde de xogos, disfraces e chocolate no Luns de Entroido, en Petín

 

En torno a tres citas se desenvolve o Entroido en Petín. As dúas prmeiras, vencelladas aos dous folións cos que conta a localidade, tiñan lugar hai xa máis de dúas semanas, primieiro a xuntanza organizada polo Folión de Petín e unha semana despois a dos Arrieiros.

A terceira cita, centrada nos máis pequenos, tiña lugar na tarde deste luns 20 de febreiro organizada dende o Concello. Dende as catro e media e conducida por monitoras de Pinchacarneira, máis de cincuenta cativos reuníanse no patio cuberto da Casa da Cultura para pasar unha divertida tarde de disfraces, xogos e risas que remataba cunha chocolatada con biscoitos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button