ConcellosÚltima hora

“Divinas Palabras Revolution”, no Teatro Lauro Olmo do Barco o 1 de xuño

O CDG representará esta peza de Valle Inclán, en versión de Manuel Cortés e Xron, ás 21h.
Escena de “Divinas Palabras Revolution”.

A última produción do Centro Dramático Galego (CGD), “Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global”, poderá verse o vindeiro venres 1 de xuño ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco. É unha singular proposta que parte da obra de Valle Inclán, que é versionada por Xron, cen anos despois de que o texto orixinal fose escrito.

Nesta nova aproximación a “Divinas Palabras”, os personaxes son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade, que reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas “Divinas Palabras”.

O elenco que dará vida a estes personaxes está formado por Manuel Cortés (Pedro Gailo), Antón Coucheiro (Sétimo Miau), Patricia de Lorenzo (Marigaila), Borja Fernández (Migueliño), Mónica García (Marica do Reino), Tone Martínez (Candás), Victoria Pérez (Tatoola), Ánxela Ríos (Simoniña) e Tomé Viéitez (Laureano).

Artigos relacionados

Back to top button