ConcellosManzanedaÚltima hora

“Do sendeirismo ao alpinismo de alta montaña”, o 7 de maio nunha conferencia en Manzaneda

Antonio Ulloa Reinoso fará un percorrido por viaxes e ascensións a montañas de diferentes partes do mundo

 

Un relato e un percorrido visual, a traves de máis de 500 fotografías, por ascensións a cumes de España, Europa, Canadá, Islandia, Sudamérica e África. A Casa do Concello de Manzaneda acollerá o vindeiro sábado 7 de maio ás 19h. a conferencia “Camiñando pola natureza. Do Sendeirismo ao Alpinismo en Alta Montaña”, a cargo de Antonio Ulloa Reinoso, licenciado en Medicina e Cirurxía, instrutor de búsqueda e salvamento en montaña, ademais de director e executor do proxecto “27 cimas: A ascensión á cima máis alta de cada país da UE”.

A conferencia será organizada polo Concello de Manzaneda, quen convida aos visitantes a aproveitar a xornada para descubrir as paisaxes e valores naturais e patrimoniais deste municipio, como son por exemplo a súa vila medieval, ademais dos seus produtos gastronómico e a súa infraestrutura hostaleira e de aloxamentos.

Artigos relacionados

Back to top button