DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Dobre cita atlética para encetar a tempada de pista ao aire libre, no Barco

As pistas de Calabagueiros acollían na tarde do 1 de abril un control de marcas e a primeira xornada de Xogade

A Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) organizaba dúas probas na tarde do 1 de abril nas pistas barquenses de Calabagueiros. Por unha banda, tiña lugar a I Xornada de atleismo en pista “Xogade”, coa que se estreaba na vila a tempada de pista ao aire libre. Nela participaban atletas das categorías escolares. Ademais de participantes valdeorreses, tamén había rapaces chegados de comarcas próximas como a de Trives.

Ademais, na mesma tarde do 1 de abril, desenvolvíase en Calabagueiros o IIº Control de Marcas do Adas, para as categorías cadete, xuvenil e absoluta. O control de ambas proba estivo en man do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button