ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Dobre cita en Río o 11 de agosto: as festas da Tenreira e do Emigrante

Imaxe dunha edición anterior da Festa do Emigrante en Río./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Festa e gastronomía uniranse en San Xoán de Río de xeito especial na xornada do 11 de agosto. Así, o mediodía, a partir das 20:30h., está previsto que se celebre a primeira edición da Festa Gastronómica da Tenreira de Río no polideportivo municipal.

O custe da entrada será de 20 euros para os adultos e de 12 euros para os nenos menores de 12 anos. Servirase un menú a base de embutidos ibéricos, costela de tenreira asada con patacas e cunha sobremesa de bica, xunto con bebidas, café e chupitos. Ademais o ambiente estará animado pola actuación da Charanga Tattoo.

E xa pola tarde e noite haberá festa e verbena coa orquestra Galilea.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button