
Dúas son as propostas musicais do Café Teatro Bajo Cinco para este mes de setembro. A primeira, prevista para mañá día 7, vén da man do quinteto vasco The Vartools. A banda de rock n’ roll natural de Eibar está de xira e fará parada no Barco de Valdeorras para dar un concerto en directo a partir das 23:30h.
Á mesma hora pero dúas semanas despois, o sábado 21 de setembro, será o trío madrileño 1980 en directo quen actúe no local barquense, ofrecendo ao público un concerto de rock alternativo con influenza do rock da década dos 60 e do britpop dos 90.
Á entrada para ámbolos dous concertos será libre.
