DeportesTenisÚltima hora

Dobre podio para o CT Rúa no Campionato Galego de Pickleball celebrado na Estación de Montaña Manzaneda

Conchi Sanjuán e Julio López proclamábanse subcampións galegos na categoría Mixtos +50 e Julio lograba tamén o subcampionato na categoría Absoluta Masculina +50

 

Un total de 75 deportistas competían a pasada fin de semana no Campionato Galego de Pickleball, un desporte que mestura tenis, pádel e bádminton, celebrado na Estación de Montaña Manzaneda, a primera edición que se realiza en Galicia, clasificatoria para o Campeonato de España.

En concreto 23 deportistas participaban na categoría individual e un total de 26 parellas en categoría de dobres, entre os que estaban membros do CT Rúa que lograba moi bos resultados.

Conchi Sanjuán e Julio López proclamábanse subcampións galegos na categoría Mixtos +50 e Julio lograba tamén o subcampionato na categoría Absoluta Masculina +50.

 

 

Fotos: Facebook CT Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button