DeportesÚltima hora

Dobre vitoria do Auriense F.G. contra o Keltoi de Vigo

Tanto o equipo masculino como o feminino gañaban os seus respectivos partidos disputados esta fin de semana
Xogada do equipo feminino do Auriense F.G.

O equipo masculino do Auriense F.G. segue sen ceder terreo, trala vitoria con autoridade desta fin de semana contra Keltoi de Vigo. Tal como explican dende o club, o partido estivo dominado polos ourensáns os 60 minutos. “Aínda que cun momento de igualdade ao comezo do segundo parcial, onde os vigueses achegáronse ata 2 puntos, a dianteira do Auriense confirmou o seu bo momento e marcou a diferencia”, co marcador  final 6-08 (26) / 3-05 (14) para os locais.

O equipo feminino pola súa banda enfrontábase ás rapazas do Keltoi ás que vencían 5-16 (31) / 1-06 (9), nun encontro que as xogadoras locais comezaron “con moita intensidade e con moito acerto a paus, regresando á senda da victoria con boas sensacións”, informan dende o club ourensán, o único da provincia na liga galega de fútbol gaélico.

 

Artigos relacionados

Back to top button