DeportesEnduroÚltima horaVídeos

Dous barquenses no alto do podio do Enduro A Peroxa que abre a liga galega 2024

Jorge Paradelo vencía en Elite e Diego Teixeira en Open 2t

 

O domingo 4 de febreiro abríase a Liga Galega da Moto de Campo 2024 coa primeira carreira de enduro na Peroxa na que participaban uns 160 pilotos, entre eles varios valdeorreses que facían moi boa carreira.

 

 

O barquense Jorge Paradelo, vencedor da liga do ano pasado, repetía vitoria subindo ao alto do podio na categoría Elite cun tempo final de 00:31:50.05. Ao alto do podio, pero na modalidade Open 2t, subía tamén outro barquense, Diego Teixeira cun tempo total de 00:34:11.74.

 

 

Na categoría Open 4t Jairo Cao (CD Córgomo) era cuarto.

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button