CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dous estudantes do Barco participarán na Olimpíada Informática Galega 2023

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coas tres universidades galegas e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC, organiza a Olimpíada Informática Galega 2023 (OIG 2023), destinada a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio, para a “promoción do coñecemento e das vocacións nesta disciplina da informática tan presente en todos os ámbitos hoxe en día e necesaria para a formación integral da mocidade”.

A olimpíada celebrarase de xeito presencial na tarde do venres, 10 de febreiro, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (coa colaboración da Escola Superior de Enxeñaría en Informática do Campus de Ourense da UVigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC). Coa preinscrición pechada, a organización confirma que o certame cubriu as súas 37 prazas, con 33 rapaces e 4 rapazas inscritas de entre 14 e 19 anos, dous deles do Barco de Valdeorras.

 

 

A competición consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre catro e seis. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario onde os participantes deberán desenvolver un programa que o resolva, o que require coñecementos de deseño correcto e eficiente de algoritmos.

A OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participarán na XXVII Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 24 ao 26 de marzo de 2023 en Madrid, mentres que o resto de participantes mellor clasificados na olimpíada galega tamén recibirán premios. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto/setembro de 2023 en Hungría.

Artigos relacionados

Back to top button