CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dous estudantes do IES Carlos Casares de Viana do Bolo logran a excelencia académica na ABAU

Iago Fernández e Carmen Xiu, estudantes do IES Carlos Casares que veñen de obter a excelencia académica./ Fotos cedidas.

 

Desde o IES Carlos Casares de Viana do Bolo veñen de transmitir a súa “satisfaccións e os nosos parabéns polos resultados da ABAU, que nos deron unha porcentaxe de aprobados do 87%, (previa ás reclamacións), e que se culminan coas 2 excelencias que a Xunta de Galicia nos acaba de comunicar”, sinalan dende a dirección do centro.

Estas dúas excelencias correspondenlles aos estudantes Iago Fernández Rodríguez e Carme Xiu Blanco Alonso. “En calquera caso é un profundo orgullo para nós o traballo realizado durante o ano e no transcurso das probas por parte dos 15 alumnos presentes nas mesmas. Moita sorte a todos e todas no futuro!”, indica o director do IES Carlos Casares, Carlos Ferreiro.

Artigos relacionados

Back to top button