ConcellosÚltima hora

Dous feridos nun accidente de tráfico na N-120, en Pantón

 

Pouco despois das catro da tarde deste domingo producíase un accidente de tráfico na N-120, no punto quilométrico 541, en Pantón (Lugo). Segundo informa o 112 Galicia, dúas persoas foron evacuadas polos equipos de emerxencia logo de bater dous turismos nese punto.

“O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo constancia do sinistro a poucos minutos das catro da tarde, mediante a chamada da Policía Nacional. Estes comunicaban unha colisión entre dous turismos con varias persoas feridas no lugar de Atán, concretamente na estrada que une as localidades de Ourense e Monforte. Ademais, indicaban a posibilidade de que varios feridos estivesen atrapados en cada un dos vehículo”, citando ao 112 Galicia.

De inmediato, os operadores do 112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, aos bombeiros á Garda Civil de Tráfico. Ademais, co fin de asegurar a circulación na estrada, tamén informou ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.

Unha vez rematada a intervención, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que “non foi preciso excarcerar aos ocupante dos vehículos, pero que si colaboraron cos servizos sanitarios na evacuación dos dous feridos ás ambulancias. Pola súa parte, o persoal sanitario comunicou o traslado dos feridos, un deles ao Hospital Público de Monforte e outro ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button