OurenseÚltima hora

Dous feridos nun accidente múltiple no Pereiro de Aguiar

 

Na mañá deste martes 17 de setembro, o 112 Galicia recibiá a través do sistema de emerxencia eCall, instalado nun dos vehículos implicados, o aviso dun accidente múltiple no Pereiro de Aguiar.

“O particular que informou explicou que se producira un accidente por alcance entre tres coches, con xente ferida tralo impacto”, din dende o CIAE 112 Galicia que trasladaba a información ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES do Pereiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios do Pereiro.

“Logo de acudir ata o lugar, os axentes da Garda Civil confirmaron que houbera tres coches implicados, saldándose o accidente con dous feridos leves”, din dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button