ConcellosManzanedaÚltima hora

Tres incendios activos en Manzaneda: en Cernado, Paradela e San Martiño

 

Nestes momentos o municipio de Manzaneda rexistra tres incendios forestais. Dende as 5:32 h. está activo un lume na parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 100 hectáreas de superficie. No seu control traballan arestora medios terrestres.

Ademais, hai outro incendio activo na parroquia de Paradela dunhas 30 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Ademais vén de informarse dun terceiro incendio activo, desta volta, na parroquia de San Martiño, “polo tanto a intencionalidade está constatada nesta xornada con tres lumes neste concello ourensán no que vai de xornada”, indica Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button