Chandrexa de QueixaConcellosEn portadaÚltima horaVilariño de Conso

Dous incendios forestais no concello de Vilariño de Conso e un no de Chandrexa

Ademais producíanse lumes noutros puntos da provincia como Riós e Muíños

Incendio en Chandrexa de Queixa./ Foto: Brif Laza.

 

No concello de Vilariño de Conso veñen de rexistrarse nas últimas horas dous incendios forestais -con tres focos cada un deles- que, tras a súa evolución, chegaron a unirse, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Así, na parroquia de Castiñeira permanece activo arestora o lume que comezou onte ás 21:34 h. da noite. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 25 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 7 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas e 2 pas.

Ademais, na parroquia de San Cristovo quedou estabilizado ás 07:02 h. desta mañá o lume rexistrado onte ás 22,41 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta tamén unha superficie dunhas 25 hectáreas. No seu control traballan 2 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Chandrexa de Queixa

Por outra banda, tamén está estabilizado ás 02:07 h. desta madrugada o lume que comezaba ás 16:43 h. da tarde de onte no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No control deste lume levan participado 5 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Riós

Así mesmo permanece controlado desde as 18:32 h. de onte o lume de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo, tras comezar o xoves ás 23:05 h. da noite. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Na extinción do incendio lévanse mobilizado 7 axentes, 16 brigadas e 9 motobombas.

Muíños

Finalmente, quedou extinguido ás 23:57 h. da pasada noite o lume orixinado onte ás 21:55 h. no municipio de Muíños, parroquia de Requiás. Afectou unha superficie de 0,2 hectáreas de monte raso dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para extinguir este incendio traballaron un total de 2 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.

Artigos relacionados

Back to top button