Coa participación de 12 atletas de categorías base, nunha mañá fría pero propicia para correr, a Escola Atlética Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar coseguía tres medallas.
Naroa Pereira Tesouro lograba un ouro en Sub16 proclamándose campioa provincial da categoría; Lara López Sánchez outro ouro, en Sub12, como campioa provincial; e María Pérez Rodríguez lograba a medalla de bronce en Sub14.

Fotos cedidas.