DeportesÚltima hora

Dous ouros e unha prata para o Adas no galego de atletismo Sub10 e Sub12 celebrado no Barco

 

Ata tres metais sumaban na casa para os atletas do Adas Cupa do Barco. O equipo masculino Sub 12 facíase co título de campión galego no Campionato de Galicia Sub10 no que se disputaba ao longo desta mañá de 18 de xuño nas pistas barquenses de Calabagueiros. O subcampionato correspondíalle ao Atletismo Vila de Cangas e o bronce ao Ourense Atletismo.

Ademais o equipo feminino Sub10 conquistaba o ouro nesta categoría, sendo segunda a Escola Atlética Lucense e terceiro o CD Purísima, mentres que o conxunto masculino Sub 10 lograba o bronce (vencía a Escola Atlética Lucense e en segundo lugar quedaba CD A Purísima).

Na entrega de premios, que tiña lugar ao mediodía participaban, ademais do presidente da Federación Galega de Atletismo, o alcalde do Barco e o edil de Deportes.

A competición continúa pola tarde nas pistas barquenses, xa que se está a desenvolver dende as catro e media o campionato galego Sub14, pero neste caso a nivel individual.

Fotos: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button