DeportesÚltima hora

Dous ouros para Aarón Pérez, do Adas Cupa do Barco, no galego Sub16

Impoñíase nas probas dos 100 ml e no triplo salto, mentres que Javier Cid era tamén ouro en martelo e Sergio Fernández bronce en peso

Aarón Pérez, do Club Adas, nunha proba anterior.

 

Cunha ampla participación daba comezo o 28 de maio, en dobre xornada nas pistas Universidade de Elviña (A Coruña), o Campionato galego Sub16 individual ao aire libre. A carreira dos 100 m. resultaba do máis interesante pola man a man mantido entre o plusmarquista galego dos 60 m., o valdeorrés Aaron Pérez Giraldo do Adas Cupa do Barco e o plusmarquista galego dos 300 m. do Coruña Comarca Sebastián Bascoy con triunfo final para o primeiro con 11.24. Repetiría título novamente o velocista do Adas no triplo, cun excelente salto de 12.97. Sen abandonar o foso, Pedro Reino do Mazí lograba o campionato grazas aos 6.19 efectuados no seu último intento.

Ouro tamén os valdeorreses Javier Cid no lanzamento de martelo (4 kg), cun rexistro de 47.61, e bronce para Sergio Fernández no lanzamento de peso (4 kg), cunha marca de 13.44.

Destacada actuación tamén en mans de Martiño Salgado do Celta sobre os 300 valos nos que lograba un bo rexistro de 40.67. Manuel Eirin do Ourense Atletismo con 48.15 facía bos os prognósticos impoñéndose na final de xavelina cun mellor lanzamento 48.15 m. ao igual que sobre o concurso de marcha facía o Diego García do Vila de Cangas con 28:28.76

Na categoría femenina foron bos os rexitros logrados nos 100 m. por Paula Conde do Atletismo Ribadeo quen saía de Elviña ca medalla de ouro e o liderato do ranking autonómico da proba grazas a eses 12.39. Irma Veiguela do Ría Ferrol acadaba o título galego nos 600 m. con 1:35.62 ao igual que Sabela Martínez do Gimnástica nos 1.000 m. con 2:53.00 e Sabela Castelo do San Miguel de Marín nos 3.000 m. con 9:45.86.

Os valos foron domiñados por Celia Fernández do Riazor Coruña con 14.70 (+2,9) e os 300 valos pola tamén coruñesa Irene Serantes con Marineda con 46.16. Debris Paniagua de o Pino facía o propio nos 1.500 Obst. con 5:06.34. Nos concursos, a medallista de bronce nacional en altura Iria Solera do C.D. La Purísima cumpría o papel de favorita impoñéndose na final cun salto 1.65 m. Pola súa banda Aitana Capeáns do Negreira mandaba o artefacto de peso ata os 11.76 no seu segundo intento.

Finalmente, na proba de marcha, bós os 15:30.04 realizados por Alba Morales do Marineda sobre os 3.000 marcha.

Artigos relacionados

Back to top button