Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Dous podios para o Peña Tervinca Barco na 11ª poba da Liga Galega de Orientación a Pé 2022

Mailén Aller foi 2ª en F18 e a súa irmá Martina, 3ª en F12

Imaxe de arquivo de Mailén Aller nunha proba de orientación.

 

Na xornada do sábado 17 de setembro disputábase a 11ª poba da Liga Galega de Orientación a Pé 2022 sobre un dos mapas más míticos da xeografía galega, Forgoselo, situado nas Pontes de García Rodríguez, na Coruña.

A organización, a Sociedade de Montaña Ártabros, levou a cabo un aumento significativo da superficie do mapa con respecto a outros anos que provocou “unha proba de maior esixencia física, con desniveis algo máis acusados que os habituais e con distancias longas a percorrer entre as presaídas e a saída da proba”, explican dende o Club Peña Trevinca Barco que participou con 3 deportistas que lograron resultados moi meritorios. A mellor situada era Mailén Aller, 2ª en F18, mentres que Martina Aller era 3ª en F12 e Pablo Aller 8º en M50.

A competición reanudarase o 1 de outubro, coa celebración no mapa do Corgo (Muíños, Ourense) da 12ª proba de liga, organizada nesta ocasión pola Asociación Deportiva Limiactiva.

 

Artigos relacionados

Back to top button