Continúa a boa racha para os pilotos valdeorreses que corren na Liga Galega da Moto de Campo 2023. Polo menos para dous deles que subían ao podio nas súas respectivas categorías, na carreira de enduro disputada o domingo 26 de marzo en Piñor.
O barquense Jorge Paradelo (Núñez Motor A Peroxa Cafés Candelas) mantense como líder da xeral tras vencer a terceira carreira consecutiva na categoría elite, subindo ao alto do podio cun tempo de 29:13,82.

Na categoría Open 4t Jairo Cao (CD Córgomo) era segundo e David Arias era 15° na categoría E3.
A seguinte cita da liga galega de enduro será xa o 27 de maio en San Xoán de Río.
Fotos cedidas.