DeportesEnduroÚltima hora

Dous valdeorreses no alto do podio do Enduro A Peroxa

Jorge Paradelo (O Barco) impoñíase na categoría raíña e Jairo Cao (CD Córgomo Vilamartín) en Open

Jorge Paradelo no Enduro A Peroxa./ Foto cedida.

 

Cunha ampla representación valdeorresa contaba o Enduro A Peroxa, a primeira carreira do ano da Liga Galega da Moto de campo celebrada esta fin de semana con tres probas diferentes.

O sábado disputábase o Mini Enduro e tamén o Trial, quedando para a xornada dominical a proba estrela, o Enduro, no que dous pilotos valdeorreses dominaban as carreiras Elite e Open as máis duras e con paso de auga, zonas de crono e trialeira.

 

Jorge Paradelo./ Foto cedida.

 

Organizada polo Moto Club A Peroxa, na categoría raíña impoñíase Jorge Paradelo (Núñez Motor A Peroxa Cafés Candelas) que facía un tempo de 0:31:41,58 superando en máis de sete segundos ao segundo, Pedro Gonzalo. Terceiro era Román Pérez, quedando no posto 11 outro barquense, Diego Teixeira.

En Open, era outro valdeorrés, Jairo Cao (CD Córgomo Vilamartín) quen resultaba vencedor por diante de Jhonatan Rey.

Na categoría E2, Álex González, tamén da comarca valdeorresa lograba o 7º posto.

 

Podio da categoría elite./ Foto cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button