
Os xogadores ourensáns Xurxo Cid (CH Barrocás, Ourense) e Manu Prol (Sanse Complutense, Madrid) veñen de ser convocados nunha preselección da Selección Española de Hóckey Sala, de 14 xogadores.
Acudirán a unha concentración a comezos de xaneiro de 2022, e de aí sairán os 12 xogadores definitivos que disputarán con España o EuroHockey Men´s Indoor Championships II, que terá lugar en Paredes (Portugal) do 14 ao 16 de xaneiro de 2022.
“Un importante fito para o hóckey galego, que contará con 3 representantes no combinado nacional, ao sumarlle a presenza do técnico galego Roberto Oliveira no Staff Técnico da Selección Española”, puntualizan dende a Federación Galega.
