
Dende o IES Lauro Olmo do Barco veñen de informar dos excelentes resultados conseguidos polo seu alumnado nas probas da ABAU 2024. “Só un alumn@ de 38 suspendeu selectividade”, din dende o centro, qe lograba un 97,38% de aprobados.
“Esperamos sexa dun 100% despois das reclamacións”, adiantan, destacando as dúas excelencias académicas logradas este ano por “Nair Garrido e Sandra López con notas de 13,208 e 13,154. Noraboa a todos e todas”, conclúen dende o centro.